Política de Privacidade
Obriga de Segredo e Confidencialidade
Federación Galega de Esclerose Múltiple-FEGADEM (en adiante FEGADEM), titular do presente portal, como responsable do tratamento informa ás persoas usuarias deste sitio web da súa política de protección de datos de carácter persoal para que determinen libre e voluntariamente se desexan facilitar a FEGADEM os datos persoais que se lle poidan requirir ou que se poidan obter da persoa usuaria con ocasión da subscrición ou contratación de calqueira dos servizos ofertados por FEGADEM a través do mesmo. Os datos persoais serán tratados de maneira confidencial e en conformidade co disposto no Regulamento (UE) 2016/679 de 27 de abril de 2016 (RGPD) relativo á protección das persoas físicas e a LO 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais e serán incorporados á correspondente operación de tratamento de FEGADEM.
Temos implantadas todas as medidas técnicas, organizativas e legais necesarias para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, contando en todo momento do estado da tecnoloxía e a natureza dos datos almacenados. O persoal e voluntariado de FEGADEM están comprometidos a non divulgar nin facer uso da información á que accederan por razón do seu posto.
Aínda nas transmisións de datos a través de internet ou dende unha web non é posible garantir unha protección absoluta contra intrusións, FEGADEM dedica os máximos esforzos para manter as medidas de protección física, electrónica e procedimental para garantir a máxima protección dos seus datos.
Entre as medidas que utilizamos inclúense as seguintes:
- limitar o acceso aos seus datos unicamente a aquelas persoas que deban coñecelos en atención ás tarefas que realizan;
- como regra xeral transferir en formato cifrado os datos recollidos;
- almacenar os datos máis sensibles (como os de tarxeta de crédito) só en formato cifrado;
- instalar “firewalls” para impedir accesos non autorizados, por exemplo “hackers”
- monitorizar habitualmente os accesos aos sistemas informáticos para detectar e deter calqueira uso indebido dos datos de carácter persoal.
FEGADEM resérvanse o dereito de modificar a presente política de privacidade para adaptala a novas lexislativas ou xurisprudenciais, anunciando nesta páxina os cambios introducidos. Certos servizos prestados no portal poden conter condicións particulares con previsións específicas en materia de protección de datos persoais.
Responsables do tratamento
- Denominación social: Federación Gallega de Esclerosis Múltiple-FEGADEM
- CIF: G32416471
- Domicilio social: Rúa República Checa Nº52- Centro de Negocios Cadoiro, 15707, Santiago de Compostela, A Coruña
- Teléfonos de contacto: 604050773
- Dirección de correo electrónico: info@esclerosismultiplegalicia.org
- DPO: dpo@protexdat.com
Finalidades
- SUBSCRICIÓN: trataremos os seus datos coa finalidade de enviarlle boletín cumprindo coa súa petición de subscrición.- Categorías de datos:- Correo electrónico
 
 
- Categorías de datos:
- DATOS RECOMPILADOS POLO SERVIDOR WEB: Os datos persoais recompilados polo servidor web estarán suxeitos a procesamento automatizado e incorporados á operación de tratamento “WEB” que lexitima a súa obtención.- Categorías de datos:- Versión do navegador
- Versión do sistema operativo
- Dirección IP
- Interfaz de usuario
- Idioma Navegador
 
 
- Categorías de datos:
Lexitimación do tratamento
A lexitimación do tratamento dos seus datos é consecuencia do consentimento que presta contactando a través dos medios postos á súa disposición. (Artigo 6.1 letra a do RGPD).
Previo ao tratamento dos datos persoais, FEGADEM obtén consentimento expreso e inequívoco do titular dos datos persoais en base a un interese lexítimo da persoa usuaria, quen mediante a marcación das casiñas de consentimento informado correspondentes e a entrada de datos nos distintos campos aceptan, expresamente e de forma libre e inequívoca, que os seus datos son necesarios para atender a súa petición por parte de FEGADEM. A persoa usuaria garante que os datos persoais facilitados son veraces e faise responsable de comunicar calqueira modificación dos mesmos.
Se se produce solicitude ou encargo, a lexitimación será a relación derivada do mesmo, puidendo chegar a ser contractual e o cumprimento das obrigas profesionais e legais derivadas do mesmo. (Artigo 6.1 letra b do RGPD).
Tamén existe a lexitimación a través da vía do interese do titular da páxina web ou da persoa usuaria. (Artigo 6.1 letra f do RGPD).
Comunicacións dos datos
Os datos derivados do contacto e a consulta non serán comunicados a terceiros, salvo autorización expresa ou obriga legal.
Conservación dos datos
Os seus datos persoais conservaranse durante o tempo necesario para cumprir a finalidade para a que se recolleron. Se os seus datos se utilizan para varias finalidades que nos obrigan a conservalos durante prazos diferentes, aplicaremos o prazo de conservación máis longo e en todo caso conservaranse durante o tempo necesario para determinar as posibles responsabilidades que se poideran derivar de dita finalidade e do tratamento dos datos.
Dereitos das persoas interesadas
Calqueira persoa ten dereito a acceder aos seus datos persoais, a actualizalos, rectificar os datos inexactos, solicitar a súa supresión, portabilidade ou a limitación do tratamento, en cuxo caso unicamente conservarémolos para o exercicio ou a defensa de reclamacións. Tamén poderán opoñerse ao tratamento dos seus datos e á elaboración de perfis baseados no tratamento automatizado dos seus datos.
Os interesados teñen dereito a revocar o consentimento prestado en calqueira momento.
Como consecuencia da aplicación do dereito á supresión ou oposición ao tratamento de datos persoais na contorna online os interesados teñen o dereito ao esquecemento segundo a xurisprudencia que o Tribunal de Xustiza da UE determina.
Exercicio de Dereitos de Protección de Datos
Os usuarios poden exercer os seus dereitos mediante escrito postal dirixido a Federación Galega de Esclerose Múltiple-FEGADEM con dirección Rúa República Checa Nº52- Centro de Negocios Cadoiro, 15707, Santiago de Compostela, A Coruña ou a través do correo electrónico info@esclerosismultiplegalicia.org ou a través do seu delegado de protección de datos no correo dpo@protexdat.com
Se considera que os seus dereitos non se atenderon debidamente, ten dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos, con datos de contacto:
- Dirección postal: C/Jorge Juan, 6, 28.001-Madrid
- Páxina web: www.aepd.es
- Teléfono: 901 100 099
- Sede electrónica: https://sedeagpd.gob.es/sede-electronica-web/
Redes Sociais
Contamos con perfil en redes sociais, recoñecéndose en todos os casos responsable do tratamento dos datos dos seus seguidores, fans, subscritores, comentaristas e outros perfís de usuarios (en adiante, seguidores). O tratamento que a entidade levará a cabo con ditos datos será, como máximo, o que a rede social permita aos perfís corporativos. Así pois, poderemos informar aos seguidores por calqueira vía que a rede social permita sobre as nosas actividades. En ningún caso extraeremos datos das redes sociais, a menos que se obtiveran puntual e expresamente o consentimento da persoa usuaria para elo. Cando, debido á propia natureza das redes sociais, o exercicio efectivo dos dereitos do seguidor quede supeditado á modificación do perfil persoal deste, comprometémonos a axudarlle e aconsellarlle a tal fin na medida das súas posibilidades.
Contido aportado polas persoas usuarias
Nas redes sociais, formularios, blogs e similares instrumentos as persoas usuarias poden realizar comentarios. Toda a información e comentarios que se reciban consideraranse cedidos a título gratuito. A persoa usuaria non debe enviar información que non poida ser tratada desta forma.
O titular da páxina web resérvase o dereito de publicar os comentarios que se envíen e retirar todos aqueles que non estean relacionados co contido da entrada na que se realiza o comentario, vulneren a propiedade intelectual, o respecto á dignidade da persoa, o dereito ao honor, a propia imaxe ou a intimidade, o dereito á protección de datos persoais, que sexan discriminatorios, xenófobos, racistas, pornográficos, que atenten contra a xuventude ou a infancia, a orde ou a seguridade pública ou que, ao seu xuízo, resultaran ilegais ou, simplemente, non adecuados para a súa publicación. Quen envíe un comentario é responsable de aportar contidos lícitos e das posibles responsabilidades que por calqueira índole, poidan surtir, incluíndo as eventuais indemnizacións. En calqueira caso o titular da páxina web non se fai responsable das opinións verquidas polas persoas usuarias a través das ferramentas de participación, nin dos contidos. Aqueles comentarios ou contidos non publicados ou retirados serán destruidos.
Tampouco se recomenda o envío público de información propia e moito menos de terceiros, e prohíbese expresamente o incorporar datos sensibles ou que vulneren calqueira tipo de dereito das persoas. Se a persoa usuaria inclúe datos de carácter persoal debe cumprir a normativa de protección de datos. Respecto aos seus pode exercer os dereitos consignados no apartado anterior.
Contactos en redes sociais
Finalidades do tratamento en redes sociais
- Relacionarnos contigo, informarte sobre os servizos/produtos e novidades de Federación Galega de Esclerose Múltiple-FEGADEM e crear unha comunidade de seguidores.
- Contestar ás túas consultas, solicitudes ou peticións.
- Xestionar o servizo solicitado, contestar a túa solicitude ou tramitar a túa petición.
Lexitimación en redes sociais
Establécese en virtude da relación contractual na contorna da rede social na que se cree a páxina ou o perfil conforme ás súas políticas de Privacidade:
- Facebook: http://www.facebook.com/policy.php?ref=pf
- X: http://twitter.com/privacy
- Instagram: https://help.instagram.com/155833707900388
- Youtube: http://www.google.com/intl/es/policies/privacy/
Tempo de conservación dos datos persoais en redes sociais
Só podemos consultar ou dar de baixa os teus datos en función do perfil e a forma que nos permite a rede social. Tratarémolos durante o tempo en que sexas unha persoa seguidora, amiga ou lle deas a “me gusta”, “seguir” ou botóns similares.
A rectificación dos teus datos persoais ou a restrición da información ou publicacións que compartes debes realizala a través da configuración do teu perfil ou persoa usuaria na propia rede social.
Datos persoais de terceiras persoas
Como norma xeral só tratamos os datos que nos facilitan os titulares. Se nos aportas datos de terceiros previamente deberás informar e solicitar o seu consentimento a ditas persoas, quedando exenta Federación Galega de Esclerose Múltiple-FEGADEM de calqueira responsabilidade polo incumprimento deste requisito.
Datos de menores
Non tratamos datos de menores de 14 anos polo que se non tes esa idade non nos facilites os teus datos ou os de terceiros que non teñan dita idade. Federación Galega de Esclerose Múltiple-FEGADEM exímese de calqueira responsabilidade polo incumprimento desta cláusula.
